lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO País10 concellos de Galicia, en máximas restricións a partir do venres

10 concellos de Galicia, en máximas restricións a partir do venres

Sanidade vén de comunicar o mapa definitivo no que se establece os diferentes niveis de desescalada na comunidade, que entran en vigor o venres 26.

O SERGAS reduce, así, a 10 os concellos de Galicia nos que rexerá o nivel máximo de restriccións a partir do venres. Isto quere dicir, que a hostalería destes municipios seguirá pechada; as reunións de persoas non conviventes, prohibidas e non se permite a mobilidade fora do perímetro individual (nivel vermello):

O Corgo

Guitiriz

Gomesende

A Gudiña

A Peroxa

Toques

Corcubión

Curtis

Ponteceso

Moeche

Pola súa banda, cunha incidencia inferior a 500 casos por cada 100.000 habitantes, a área da Coruña e Cee, a de Ferrol e a Área de Pontevedra quedan perimetradas e  a mobilidade está permitida entre os concellos deste mesmo nivel laranxa.  A hostalería pode abrir ao 50 % nas terrazas ata as 18 horas e as reunións de non conviventes están permitidas ata un máximo de catro persoas:

Área da Coruña e Cee: Abegondo, A Coruña, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cambre, Carballo, Carral, Cee, Cerceda, Coirós, Coristanco, Culleredo, Dumbría, Fisterra, Irixoa, Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Miño, Muxía, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada, Sobrado, Vilamaior, Vilasantar, Vimianzo e Zas.

Área de Ferrol : Ares, A Capela, As Pontes, As Somozas, Cabanas, Cariño, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Monfero, Mugardos, Narón, Neda, Ortigueira, Pontedeume, San Sadurniño e Valdoviño

Área de Pontevedra e O Salnés: A Lama, Illa de Arousa, Barro, Bueu, Cambados, Caldas de Reis, Campo Lameiro, Catoira, Cerdedo-Cotobade, Cuntis, Forcarei, Marín, Meaño, Meis, Moraña, O Grove, Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Soutomaior, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa.

Noutra marxe, os concellos que rexistran unha incidencia entre 250 e 550 casos por cada 100.000 habitantes (nivel laranxa) a mobilidade está permitida entre estes municipios do mesmo nivel. A hostalería abre só nas terrazas ao 50 % do aforo e ata as 18 horas e as reunións de persoas non conviventes, ata catro persoas como máximo:

Arzúa, Dodro, Frades, Ordes, Rois e Tordoia.

A Pobra de Brollón, A Pontenova, Baralla, Guntín, Monforte de Lemos, Outeiro de Rei, Rábade e Sober. 

A Mezquita, A Merca, Bande, Beade, Celanova, Punxín, Sandiás, Taboadela, Vera,  Viana do Bolo, Xunqueira de Espadanedo, Moaña, Oia e Redondela. 

Os municipios, nos que a incidencia é inferior aos 250 casos por cada 100.000 habitantes (nivel amarelo), non teñen perímetro e está permitida, entón, a mobilidade entre os que se atopen no mesmo nivel. A hostalería abre tanto no enterior, ao 50%, como no interior ao 30 % da capacidade ata as 18 horas. As reunións con non conviventes, permitidas ata un máximo de catro persoas. Este nivel afecta aos 197 concellos restantes das áreas sanitarias de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos; Ourense e o Barco de Valdeorras; Santiago de Compostela e Barbanza; e Vigo. 

Ademais, as clases universitarias retómanse de xeito presencial o 1 de marzo e os centros comerciais volen a abrir nas fins de semana a partir deste venres. Ábrense, igualmente, os ximnasios e as piscinas.

 

 

 

 

 

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS