A Garda Civil de Baiona-Nigrán foi quen interceptou o turismo na Ramallosa logo de que o Servizo de Vixilancia Pesqueira da Confraría de Pescadores de Baiona lle solicitase apoio avisando de que o vehículo saíra do peirao de Baiona
As dúas persoas que viaxaban no vehículo, que resultaron ser dous irmáns, veciños de Baiona, foron identificados e denunciados por infrinxir a Lei de Pesca de Galicia, procedéndose á incautación do marisco que foi posto a disposición do Servizo de Gardacostas en Vigo