Arestora son 8.616 casos activos en COVID-19 na comunidade, 673 menos que onte, segundo o SERGAS.
Galicia conta con 735 persoas hospitalizadas por mor do virus. Das cales, 155 permanencen nas Unidades de Coidados Intensivos, oito menos que onte e é a Área Sanitaria da Coruña a que más pacientes ingresados ten coa COVID-19 con 168 en camas convencionais e 53 na UCI. Nas últimas horas, Sanidade notificou 10 falecementos polo que xa son 2.172 galegos e galegas que perderon a vida dende o inicio da pandemia a causa do coronavirus.
En canto aos casos activos nas sete Áreas de Galicia, só aumentan na de Coruña, con oito máis:
A Coruña 2869
Vigo: 1316
Pontevedra 1150
Santiago 950
Ferrol 861
Lugo 838
Ourense 632