A coiteladas ata a morte. Un veciño de Ourense de 35 anos matou a unha muller de 26 anos esta madrugada e deixou ferido de gravidade á súa parella.
Ela está morta e a súa parella, de 26 anos, tivo que ser intervido de urxencia polas feridas que presentaba.
A Policía Nacional investiga as causas deste grave suceso ocorrido na parroquia de Velle, no municipio de Ourense, de madrugada.
Unha muller de 22 anos faleceu e a súa parella, un home de 26, atópase en estado grave tras o presunto ataque sufrido por parte dun veciño na zona da Batundeira, antes das 5.00 horas.
O presunto autor, de 35 anos de idade, xa está detido.
O presunto homicida se achegou á casa dos seus veciños ao redor das 4 da madrugada e, tras abrir a porta, abalanzouse sobre eles e acoitelounos. A moza morreu polas graves feridas e o mozo está no complexo hospitalario da capital.
Efectivos policiais trasladáronse ata o lugar, ao igual que o xuíz de garda.