sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaSalceda comeza a vacinar ás traballadoras de axuda no fogar

Salceda comeza a vacinar ás traballadoras de axuda no fogar

Mos tamén iniciou o proceso e falta Porriño, que figura na lista dos 19 concellos galegos que aínda non lle remitiron a Sanidade a listaxe dos seus traballadores do SAF

Foi o pasado mércores, igual que en Mos, cando en Salceda de Caselas comezou a vacinación do persoal sociosanitario de axuda no fogar. «Foi unha das nosas grandes reivindicacións, as persoas que coidan tamén precisan coidados», sinalan fontes municipais.
Deste xeito, quedaría só o Concello do Porriño dos tres que conforman a comarca da Louriña por iniciar este proceso. Con todo, a Consellería de Sanidade vén de actualizar no día de onte a relación de concellos que xa enviaron as listaxes do persoal do Servizo de Axuda no Fogar pedindo a colaboración dos 19 que faltan por facelo para acelerar o proceso de vacinación. 19 entre os cales figura, precisamente, O Porriño.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS