Sanidade leva citados a participar nos cribados poboacionais a un total de 56.534 persoas dos concellos e centros da Área de Vigo. A participación foi do 62,7%.
Das 56.534 persoas, acudiron ás probas diagnósticas 35.455 persoas. Destas, detectáronse 106 casos positivos. No inicio da fin de semana, Sanidade levará a cabo máis cribados ás poboacións de Cangas e Moaña. Un equipo de profesionais sanitarios desprazarase ao Pavillón de rodeira para realizar as PCR, segundo comunica o SERGAS.
Ademais do cribado masivo á poboación do Concello de Vigo realizado no IFEVI tamén efectuáronse neste mes cribados a outros Concellos da Área viguesa. Neles foron citadas 22.282 persoas, participaron 14.485 (un 65%) e diagnosticáronse 82 casos positivos.
Os datos por concellos son os seguintes:
- Concello de Porriño: 7.000 persoas citadas no IFEVI, acudiron 4.388 (un 62,7%) e diagnosticáronse 23 positivos
- Concello de Salceda de Caselas: 3.000 persoas citadas, acudiron 2.084 (un 69,4%) e diagnosticáronse 5 positivos
- Concello de As Neves: 1.669 persoas citadas, acudiron 1.100 (un 65,9%) e diagnosticáronse 3 positivos
- Concello de Redondela: 3.000 persoas citadas, acudiron 1.929 (un 64,3%) e diagnosticáronse 15 positivos. En Chapela, das 3.000 persoas citadas, acudiron 1.909 (un 63,6%) e diagnosticáronse 9 positivos
- Concello de Mondariz: 1.811 persoas citadas, acudiron 1.191 (un 65,7%) e diagnosticáronse 8 positivos
- Concello de Mondariz Balneario: 380 persoas citadas, acudiron 236 (un 62.1%) e diagnosticáronse 4 positivos
En canto aos positivos que se detectaron entre o alumnado dos centros escolares:
- CPR Apostol Santiago (Vigo): 356 persoas convocadas, acudiron 338 (un 95,6%) e non diagnosticouse ningún positivo
- CPI Mondariz: 382 persoas convocadas, acudiron 262 (un 65,5%) e diagnosticouse 1 positivo
- Instituto Politécnico de Vigo: 1.684 persoas convocadas, acudiron 1.048 (un 62,2%) e diagnosticáronse 14 positivos
4.000 persoas citadas en Cangas e Moaña
Co fin de detectar persoas asintomátias en COVID-19, repetirase o cribado á poboación dos Concellos de Cangas e Moaña. Así, están sendo citadas 4.000 persoas (2.500 de Cangas e 1.500 de Moaña) no Pavillón de Rodeira, ata onde achegaranse os equipos de profesionais sanitarios para realizar a aquelas persoas citadas que voluntariamente se presenten, unha proba PCR.