O número de persoas ingresadas por COVID-19 continúa baixando en Galicia. Hai arestora 863 persoas hospitalizadas; 180 delas en UCI o que significa 7 menos que o día anterior. As persoas infectadas tamén descenden, hai 10.908 casos activos.
Nos hospitais de Galicia hai actualmente 863 diagnosticadas de coronavirus, o que supón 61 menos que a xornada anterior. Tamén os casos activos de coronavirus seguen baixando e caen a 10.908.
Nas unidades de críticos hai 180 persoas con Covid e 683 están en planta, 54 menos que 24 horas antes.
Os casos activos manteñen a tendencia descendente e caen a 10.908 en Galicia, o que supón 834 menos que o día anterior. A baixada é xeneralizada en todas as áreas sanitarias galegas. Deste xeito, a da Coruña e Cee sitúase con 3.468; a de Vigo, con 1.621; a de Pontevedra e O Salnés, con 1.447; a de Santiago e Barbanza, con 1.351; a de Ferrol, con 1.066; a de Lugo, con 1.020; e a de Ourense xa se coloca por baixo do milleiro, con 935.
Os novos contaxios detectados con diferentes tipos de probas volveron a descender lixeiramente a 351 –seis menos que a xornada anterior–, deles 307 confirmados por PCR nas últimas 24 horas.
Dos últimos, 100 localízanse na área da Coruña e Cee; 50 na de Vigo; 38 na de Pontevedra e O Salnés; 36 na de Ferrol; 34 na de Lugo; 31 na de Santiago e Barbanza; e 18 na de Ourense.