Ven perigar a continuidade no municipio e valoran novos emprazamentos en polígonos do norte de Portugal
Responsables de empresas asentadas no lugar de Montefaquiña, parroquia de Tameiga, e representantes da Asociación de Empresarios de Mos mantiveron un encontro co secretario xeral do Partido Popular de Galicia, Miguel Ángel Tellado Filgueira e a deputada Parlamentaria e veciña de Mos, María Felisa Rodríguez Carrera no Parlamento de Galicia, para trasladar a preocupación do empresariado local mosense polo posible peche de empresas nesta demarcación, motivado polo incremento desproporcionado do canon imposto polo novo titular dos terreos, a Comunidade de Montes de Tameiga.
Os empresarios trasladaron aos responsables parlamentarios a súa incerteza e pesimismo por salvar a continuidade de actividades industriais consolidadas no municipio, en moitos casos, desde fai xa máis de 50 anos e que hoxe dan emprego a más de 700 persoas de Mos e comarca. Ante esta situación, Tellado e Rodríguez mostraron a súa preocupación pola problemática descrita, asumindo como propia a súa implicación, emprendendo as accións oportunas que permitan salvar a continuidade das empresas afectadas e, en consecuencia, impedir a perda de postos de traballo na zona.
“A posición firme a non negociar unha renovación da actividade por parte do novo propietario dos terreos, xunto á situación excepcional que vive o noso tecido produtivo local pola crise sanitaria que padecemos está levando a moitas empresas a unha situación límite. A incerteza e indefensión que provoca este sensentido motivou a constitución dunha plataforma de empresas afectadas que intenta facer fronte e contrarrestar a ofensiva dunha Comunidade de Montes de Tameiga cuxo interese non parece perseguir o ben colectivo y si a destrución da economía local e das empresas que a crean, cuxo alto grado de implicación e compromiso no municipio quedou contrastado ao longo de medio século de convivencia».