domingo, noviembre 24, 2024
InicioO PaísPontevedra2.814 controis e máis de 600 sancións nos últimos 10 días

2.814 controis e máis de 600 sancións nos últimos 10 días

3.210 axentes da Policía Nacional, Garda Civil e Policía Autonómica participaron dos dispositivos de vixilancia sanitaria no que se controlaron 22.414 vehículos.

A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, presidiu hoxe unha nova reunión por videoconferencia do Centro de Coordinación (CECOR) provincial establecido para o seguimento dos dispositivos de seguridade vencellados á actual situación sanitaria. Larriba destacou que o Entroido non tivo unha maior incidencia no número de sancións, a pesar de que a actividade de vixilancia reforzouse durante estes días. Neste sentido, Larriba quixo subliñar, unha vez máis, “o alto grao de cumprimento da normativa na nosa provincia, xa que a cifra de sancións rexistrada nos últimos dez días é baixa e similar á das últimas semanas”.
Durante a reunión, as Forzas e Corpos de Seguridade fixeron balance das actuacións levadas a cabo durante a última semana para vixiar o cumprimento das medidas aprobadas pola Xunta de Galicia. En total, do 8 ao 17 de febreiro, a Garda Civil, a Policía Nacional e a Unidade de Policía Adscrita á Comunidade Autónoma (UPA) levaron a cabo 2.814 dispositivos de control e vixilancia sanitaria nos que participaron 3.210 axentes, se identificaron a 30.498 persoas, se controlaron 22.414 vehículos e se elevaron 600 propostas de sanción.
No que respecta á Garda Civil, este corpo realizou durante os últimos dez días 2.390 controis nos que participaron 1.948 efectivos. Nestes operativos 25.296 persoas foron identificadas, 19.139 vehículos foron controlados e 365 persoas foron sancionadas.
Pola súa banda, a Policía Nacional levou a cabo 280 controis na provincia que contaron coa participación de 1.051 axentes. Nestes dispositivos foron identificadas un total de 4.332 persoas e 2.954 vehículos, e se elevaron 187 propostas de sanción.
Así mesmo, a Policía Autonómica efectuou 144 controis nos que identificou a 870 persoas, controlou 321 vehículos e interpuxo 48 propostas de sanción. En total, 211 axentes deste corpo participaron nos dispositivos.

Continúan os labores de prevención

A subdelegada informou tamén de que a Policía Nacional e a Garda Civil continuarán esta semana cos labores de prevención fronte á COVID-19, levando a cabo controis e dispositivos que serán adaptados de acordo á nova normativa aprobada pola Xunta de Galicia o pasado día 15 de febreiro e con efectos desde ás 00.00 horas do día 17.
Por último, Larriba lembrou á cidadanía que é necesario actuar con cautela e responsabilidade, cumprindo as medidas aprobadas polas autoridades sanitarias, para así frear a expansión do virus

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS