sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoVolven os mercadiños de Tui e Baiona

Volven os mercadiños de Tui e Baiona

Os Concellos de Tui e Baiona volverán celebrar os seus mercados semanais ante a mellora da situación epidemiolóxica.

Logo de tres semanas de parón, Tui volverá a acoller mañá o seu mercadiño dos xoves, que dende o mes de xuño celébrase na zona de Cam-Fram con todos os protocolos de seguridade anti-Covid.

En Baiona, tamén volve o mercado de Sabarís, que se celebra os luns. Neste caso haberá redución do número de postos, producíndose así a rotación entre feirantes casa semana. O próximo luns, día 22, será a queda dos postos con número impar. Esta rotación non afecta aos produtos agroalimentarios.

Reabren as bibliotecas

Ademais, tamén reabren as bibliotecas, cun aforo do 30%. No caso de Tui, esta recupera o seu horario de 9 a 14 horas de luns a sábados e de 15.30 a 21.30 horas de luns a venres.

Outras bibliotecas que volver a abrir as súas portas son a de Ponteareas, en horario de 9 a 21 horas; e a de O Rosal, de 15.30 a 20.30 os luns, e de 16 a 20.30 horas de martes a venres.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS