sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasLouriñaCans, seleccionado entre os catro mellores festivais de Galicia

Cans, seleccionado entre os catro mellores festivais de Galicia

O informe anual da Fundación Contemporánea, unha das máis prestixiosas de España, seleccionou ó Festival de Cans como a cuarta “insignia cultural” de Galicia en 2020.

É o resultado da recollida de opinións dun milleiro de expertos de prestixio no eido cultural en toda España, entre os que están representantes de fundacións, directores de grandes museos, produtores, promotores, xestores culturais e representantes de diferentes administracións.
Estes expertos responden a un cuestionario, de onde sae esta valoración final, que a nivel español seleccionou nos primeiros postos da clasificación a grandes institucións como o Museo do Prado, o Museo Reina Sofía, o Teatro Real ou o Festival de cine de San Sebastián.
En Galicia, o Festival de Cans ocupa o cuarto lugar en prestixio e valoración, só por detrás de grandes institucións como a Cidade da Cultura, a feira de industrias culturais Culturgal e o Centro de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela, CGAC. Neste cuarto lugar, ademais de Cans, empatan a puntos o Teatro Rosalía de Castro e o Festival S8 de Cinema Periférico de A Coruña, xunto co Festival Curtocircuito, de Santiago de Compostela.

A organización abre o proceso de búsqueda de patrocinios para todas as empresas e entidades que queiran colaborar co festival

Por outro lado, o Festival de Cans, cuxa XVIII edición terá lugar entre o 1 e o 4 de Setembro de 2021, abre nestes días o proceso de busca de patrocinios para calquera entidade privada ou empresa que queira apoiar o certame.
Calquera empresa, entidade ou mesmo particular que queira colaborar patrocinando algún dos espazos ou algunha das actividades paralelas do festival, pode poñerse en contacto coa organización a través do enderezo de correo electrónico patrocina@festivaldecans.com ou ben por mensaxe privada en calquera das redes sociais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS