viernes, noviembre 22, 2024
InicioComarcasLouriñaPersoas con diversidade funcional formaranse en operacións de restaurante-bar

Persoas con diversidade funcional formaranse en operacións de restaurante-bar

Aceesca e Concello do Porriño asinan a cesión da aula de restauración existente no multiusos de Torneiros onde realizarán a parte práctica do curso


O Concello de Porriño e a asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual Aceesca asinaron hoxe a cesión de uso temporal da aula de restauración existente no multiusos municipal de Torneiros para unha formación práctica do alumnado do centro de educación especial desta entidade.
A cesión realizarase do 23 de febreiro ao 14 de maio, en horario de mañá, de 10.00 a 14.00. A formación será para un curso de auxiliar de operacións básicas de restaurante-bar para persoas con discapacidade intelectual.
Foron David Alonso, concelleiro de Servizos Sociais e Esteban Bacelo, presidente de Aceesca, os que materializaron a sinatura en presenza de Angeles Leirós, xerente de Aceesca.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS