Continúa a tendencia á baixa nos municipios das comarcas de Vigo, Baixo Miño, Condado, Paradanta, Val Miñor e Louriña en relación aos datos do coronavirus.
Todos os Concellos rexistran menos contaxios que na xornada anterior, agás Mondariz, que sube nun caso máis positivo por Covid-19 e a súa incidencia acumulada segue sendo superior aos 250 contaxios por 100.000 habitantes. Ademais, Gondomar e A Guarda repiten as mesas cifras que onte, aínda que, en ambos casos, as dúas localidades están fóra da zona de risco, con menos de 250 contaxios por 100.000 habitantes.
Os Concellos que mellor evolucionan son Redondela, con menos 26 positivos por Covid-19; Ponteareas, con menos 13; O Porriño, con menos 15; e Tui con menos 13.
Estes son os de hoxe, domingo 14 de febreiro:
Vigo 768 (-74)
Redondela 139 (-26)
Ponteareas 96 (-13)
O Porriño 95 (-15)
Soutomaior 84 (-7)
Tui 78 (-13)
Mos 65 (-2)
Tomiño 57 (-1)
Salceda 45 (-7)
Pazos de Borbén 30 (-2)
A Cañiza 25 (-4)
Nigrán 21 (-5)
Gondomar 26 (0)
Mondariz 26 (+1)
O Rosal 22 (-3)
A Guarda 24 (0)
Salvaterra de Miño 16 (-4)
Crecente 12 (-2)
Oia 11 (-3)
As Neves 10 (-1)
Arbo 1-9
Covelo 1-9