Os datos ofrecidos polo mapa do Sergas en relación aos contaxios pola Covid-19 dan hoxe un respiro cunha baixada xeneralizada nas comarcas de Vigo, Baixo Miño, Condado, Paradanta, Val Miñor, Louriña e Redondela.
O Concello de Nigrán é o que presenta unha mellor evolución, xa que, con 26 casos positivos, catro menos que onte, ten unha incidencia acumulada inferior aos 150 contaxios por 100.000 habitantes.
Tamén saen da zona de risco, con menos de 250 contaxios por 100.000 habitantes, os Concellos de A Guarda, Gondomar, Baiona, Salvaterra e Arbo.
No resto de municipios, tamén caen os casos positivos por coronavirus (agás en O Rosal e Oia, que manteñen as cifras do día anterior), pero a incidencia segue superando o baremo que propón a Xunta para consideralos dentro da zona de risco.
Estes son os datos de hoxe:
Vigo 842 (-87)
Redondela 165 (-12)
Ponteareas 109 (-19)
O Porriño 110 (-4)
Soutomaior 91 (-20)
Tui 91 (-4)
Mos 67 (-1)
Tomiño 58 (-11)
Salceda 52 (-4)
Pazos de Borbén 32 (-1)
A Cañiza 29 (-8)
Nigrán 26 (-4)
Gondomar 26 (-3)
Mondariz 25 (-4)
O Rosal 25 (0)
A Guarda 24 (0)
Salvaterra de Miño 20 (-8)
Crecente 14 (-1)
Oia 14 (0)
As Neves 11 (-1)
Arbo 1-9
Covelo 1-9 (-2)