A OMS recomenda un teito de positividade do 5% para ter controlada a pandemia e Galicia sitúase agora no 6,2%. Das 9.739 PCR realizadas, 603 foron positivas. Os casos activos baixaron en 749 e as hospitalizacións descenderon en 61.
A baixada de casos activos constata a boa tendencia na evolución da terceira vaga. Hai 15.894 casos activos, 749 menos ca onte, tras 648 novos positivos. Todas as áreas sanitarias baixaron o seu número de infectados, especialmente a de Santiago:
A Coruña: 4.590 (-83)
Vigo: 2.626 (-132)
Santiago: 2.188 (-171)
Pontevedra: 2.027 (-114)
Ourense: 1.569 (-130)
Lugo: 1.437 (-77)
Ferrol: 1.457 (42)
Nos hospitais galegos hai 1.084 persoas ingresadas: 856 en planta (-55) e 228 nas UCI (-6).
Na última xornada Sanidade notificou 17 novos decesos. Desde o inicio da pandemia finaron en Galicia por mor do coronavirus 2.056 persoas.