sábado, noviembre 23, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoA Guarda creará un punto verde

A Guarda creará un punto verde

O obxectivo é o tratamento da fracción vexetal mediante compostaxe

O Concello da Guarda, dentro da posta en marcha do seu Plan de Compostaxe que inclúe reparto de composteiros que permitirán a posta en marcha da compostaxe doméstica, vai a proceder á creación dun punto verde ao carón do Punto Limpo da Sangriña.
O principal obxectivo deste punto verde é o tratamento da fracción vexetal mediante compostaxe, evitando así que teña que ser recollida, transportada e tratada mediante incineración ou vertido. Esta fracción supón case un 10% do total dos residuos municipais xerados e é fundamental para un bo proceso de compostaxe.
Segundo explican dende o concello guardés, este punto verde consistirá na realización dunha cuberta a carón do punto limpo, onde actualmente a veciñanza xa deposita o seu material vexetal, e terá como finalidade o acopio de material vexetal e a trituración do mesmo para obter “estruturante”, fundamental para o proceso de compostaxe.

Ampliación de horario

O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, vén de informar dunha ampliación do horario do punto limpo municipal. Faise ante a elevada demanda por parte dos usuarios do mesmo, aseguran fontes municipais.
Deste xeito o punto limpo pasará a prestar servizo de luns a venres de 08.00 a 13.00 horas e os sábados en horario de 08.30 a 13.00.
Recoméndase a cita previa para evitar a aglomeración de persoas neste espazo chamando ao numero de teléfono 689 27 85 48.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS