A Asociación San Xerome Emiliani de A Guarda pon en marcha o proxecto Fogares Sanxe, unha solución residencial innovadora dirixida ás persoas con diversidade intelectual do Baixo Miño.
Así nolo conta o xerente da Asociación, Feliciano Valcárcel:
Fogares Sanxe consistirá na rehabilitación do antigo colexio das Carmelitas, que foi doado á Asociación polos antigos propietarios, para construír 30 fogares inclusivos. A iniciativa permitirá que 60 persoas con diversidade intelectual da comarca vivan de forma autónoma e que, ao mesmo tempo, reciban apoio de profesionais para poder facelo.
O proxecto de rehabilitación está valorado en 6 millóns de euros, polo que a Asociación San Xerome xa está explorando diferentes vías de financiación. Unha vez rematada a obra, os usuarios serán copropietarios.