Fornelos de Montes súmae aos concellos de Nigrán, Gondomar e Arbo e sae da incidencia de risco con non máis de nove positivos en dúas semanas.
Deste xeito, xa son catro concellos das comarcas os que están fóra da incdiencia superior aos 250 casos en COVID-19 por cada 100.000 habitantes. Arbo e Fornelos de Montes rexistran menos de nove casos en dúas semanas; Baiona 26 (-6); Gondomar, 31 (-1) e Nigrán mantén os seus 35 positivos en 14 días, segundo o SERGAS.
Os demais municipios continuan cunha situación epidemiolóxica de peligro ao rexistrar unha incidencia suerior aos 250 casos por cada 100.000 habitantes. De todos eles, é o do Rosal o único que aumenta os novos casos diagnosticados con dous máis ata os 26 en 14 días.
Ponteareas 161 (-13)
Redondela 184 (-12)
Soutomaior 119 (-11)
Mondariz 38 (-8)
Tui 110 (-5)
Salceda de Caselas 67 (-4)
O Porriño 131 (-3)
Salvaterra de Miño 35 (-3)
A Cañiza 43 (-3)
Pazos de Borbén 34 (-3)
Mos 77 (-2)
O Tomiño 74 (-2)
A Guarda 31 (-2)
Oia 17 (-2)
As Neves 16 (-2)
O Covelo 14 (-2)
Crecente 14 (-1)
A Área Sanitaria de Vigo continúa na senda á baixa
A Área Sanitaria de Vigo descende en 166 casos poritivos activos menos en COVID-19. En total, son 2758. Descende a presión hospitalaria en 19 menos. Arestora, son 27 os pacientes que precisan de Unidades de Coidados Intensivos. Nas últimas 24 horas faleceron por mor da COVID-19 dúas persoas
Na comunidde son 16643 galegos e galegas os que teñen a COVID-19. Isto é, 989 menos que onte, segundo o SERGAS. Descende a presión hospitalaria en Galicia.