jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsComarcasLa Vuelta volve a Mos en 2021

La Vuelta volve a Mos en 2021

O municipio acollerá a chegada da penúltima etapa e última etapa competitiva en liña da edición deste ano, sendo Concello protagonista da emblemática competición ciclista por segunda vez consecutiva.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, confirmou hoxe que Mos voltará a ser protagonista de La Vuelta Ciclista a España. Nesta ocasión como chegada de etapa e non como saída como ocorreu o pasado novembro.

A última batalla corpo a corpo de La Vuelta 21 rematará en Mos, sendo a chegada mosense a penúltima etapa da competición, pero a última etapa competitiva en liña, polo que o vencedor decidirase en Mos case con total seguridade.

Ante esta boa nova a rexedora local mosense declarouse “satisfeita e enormemente orgullosa de que La Vuelta volte a elixir a Mos dentro do seu percorrido e ademáis por segundo ano consecutivo. Deste xeito Mos volve a situarse no mapa e convertirase xa, indiscutiblemente, en emblema nacional do ciclismo, por contar entre a súa veciñanza a Óscar Pereiro, gañador dun Tour de Francia, e embaixador de La Vuelta; e por ser protagonista en dúas edicións consecutivas de La Vuelta, saída de etapa o ano pasado e chegada da penúltima etapa este ano”.

No pasado ano 2020 a Etapa 15 de La Vuelta Ciclista a España saíu desde o Pazo de Mos o 5 de novembro. Sendo Mos a única localidade da provincia de Pontevedra na que houbo unha etapa de saída de La Vuelta no 2020.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS