viernes, noviembre 22, 2024
InicioNewsO PaísGalicia podería aliviar as restricións a vindeira semana

Galicia podería aliviar as restricións a vindeira semana

Galicia poderá suavizar algunhas das restricións impostas pola Xunta para conter os contaxios de COVID-19 se os casos activos continúan descendendo. O comité clínico analizará a evolución e decidirá se hai cambios a partir do 17 de febreiro.


 O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que se a evolución continúa sendo favorable a partir de mediados da vindeira semana Galicia podería suavizar algunhas das actuais restricións para conter esta terceira vaga da pandemia da COVID-19. Será o comité clínico quen a partir de mediados ou finais da vindeira semana faga a súa valoración da situación e se pronuncie sobre se é convinte relaxar algunha das restricións, nunca todas.

Os últimos datos de descenso dos contaxios permiten falar a Feijóo de «optimismo», aínda que dun «optimismo condicionado pola aínda alta hospitalización de doentes da covid−19». En caso de que se diminúan algunhas das restricións será desde «a óptica da moderación e da progresividade».

Nunca se anularán «o 100% das restricións» pero si poderá haber algún «respiro» para as galegas e os galegos, segundo adiantou o mandatario galego.

A vacinación avanzará en febreiro

O presidente da Xunta espera ter vacinados, coas dúas doses, todos os traballadores do Sergas este mes.


«O obxectivo é rematar o mes de febreiro coas dúas doses e, polo tanto, inmunizado todo o persoal do Servizo Galego de Saúde. E tamén empezaremos no mes de febreiro cos centros de día, tanto cos profesionsais como cos usuarios, e cos maiores de 80 anos», detallou Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia.

O Comité clínico que asesora á Consellaría de Sanidade estudará a evolución da curva de contaxios e hospitalizacións este martes pero sen modificar aínda restrición ningunha das aprobadas ata o día 17 de febreiro. As decisións que poidan conlevar cambios anunciaranse a partir de esa data.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS