O Concello de Nigrán avanza na creación dun areal 100% inclusivo ao instalar en Praia América-Lourido catro espazos preferentes a modo de solarium para persoas con mobilidade reducida.
A actuación realizouse a través dunha subvención de 45.451 euros do Grupo de Acción Local Costeira (GALP) que permitíu instalar catro novas ramplas de madeira de acceso ao areal que rematan con cadanseu solarium do mesmo material e aproximadamente 4×2 metros.
«As pasarelas permiten que persoas con cadeiras de rodas ou carriños de bebés podan acudir á praia sen problemas. Agora este espazo facilítalles a propia estancia na praia ao ser moi difícil para eles meterse na area», explica o alcalde, Juan González, quen encadra a iniciativa no plan municipal de inclusión “Un Nigrán para todos”. “Se ben o traballo corresponde a unha continuidade nas actuacións que se veñen realizando desde hai anos no Concello, nesta ocasión e grazas ao GALP innovamos coa circunstancia específica de traballar na accesibilidade na contorna de Praia América ao ser o areal máis urbano da localidade, creando un miradoiro accesible, varandas de seguridade, pasarelas flexibles de madeira e estes solariums”, resume.