jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsO PaísOs galegos maiores de 80 vacinaranse a partir do 22 de febreiro

Os galegos maiores de 80 vacinaranse a partir do 22 de febreiro

A Xunta traballa nun plan de desescalada para residencias, nas que se completou o 95% da vacinación

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal, avanzou esta fin de semana que Galicia comezará a vacinar contra o coronavirus a maiores de 80 anos a partir do 22 de febreiro, luns, «se todo vai ben» e non se produce unha «ruptura de subministración». Aboal apunta que a intención é que a vacinación se complete en dous meses. Farase nos centros de saúde nas cidades, así como nas cabeceiras de comarca no rural.

Chegada de 30.000 novas doses

Esta semana está previsto que cheguen a Galicia unhas 30.000 vacinas, unhas 20.000 de Pfizer e 10.000 de Astrazeneca (que só se inxectarán a menores de 55 anos). Aboal tamén apuntou que o Ministerio de Sanidade trasladoulles que se prevé que novas vacinas de Novavax e Johnson & Johnson cheguen a partir de abril. Ademais, espérase que entre o segundo e terceiro trimestre deste ano haxa remesas importantes da vacina de Moderna.

Plan de desescalada en residencias

Por outra banda, director xeral de Atención Integral Sociosanitaria, Antonio Acevedo, informou de que ao redor do 95% das residencias de maiores e persoas con discapacidade completaron a vacinación en Galicia. Acevedo dixo que a Consellería de Política Social traballa nun plan de «desescalada» para as residencias para remitirá proximamente ao comité clínico. Ese prazo para a súa posta en marcha pode coincidir co marcado para as restricións previstas en Galicia ata o 17 de febreiro

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS