O Concello de Gondomar quere salvar o entroido, polo que xa marcou unha nova data de celebración: o 17 de xullo.
O goberno local prevé organizar o tradicional desfile de comparsas e posterior verbena o 17 de xullo, facéndoo coincidir coas festas patronais de San Benito. Así o manifesta o alcalde, Paco Ferreira, quen pon esta proposta sobre a mesa “con toda a cautela do mundo, pero sen perder o optimismo e a confianza en que de aquí a esa data as restricións sexan moito máis suaves e a maior parte da poboación estea vacinada”.
Gondomar trata así de salvar unha celebración moi arraigada na vila, onde as comparsas como as das parroquias como Mañufe ou Vincios ocupan habitualmente os primeiros pastos nos diferentes concursos que se celebran en Vigo e toda a súa área de influencia.