martes, diciembre 3, 2024
InicioO PaísA CoruñaAtopado un septuaxenario morto facía meses en Curtis

Atopado un septuaxenario morto facía meses en Curtis

Un home de 77 anos apareceu morto na súa casa de Curtis sen sinais de violencia aparentes. O estado do seu cadáver indica que levaba meses morto.

A voz de alarma deuna o caseiro da súa casa ao levar meses sen pagarlle o alugueiro. O seu coche tamén levaba moito tempo estacionado no mesmo lugar. A morte non parece violenta pero estase a investigar.

Un veciño de Teixeiro, un exmilitar nativo de León, que xa levaba nesa parroquia de Curtis polo menos 15 anos, segundo a veciñanza.

Os bombeiros de Betanzos tiveron que forzar a porta para poder entrar na casa pechada con chave.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS