A organización traballa estreitamente no novo calendario coas compañías e artistas de España, Portugal, Francia, Reino Unido e Xapón.
A Cidade da Cultura decidiu reprogramar a sétima edición deste evento, previsto do 18 ao 21 de febreiro, debido ás limitacións sanitarias que afectan á organización dun evento internacional no que participan artistas e compañías procedentes de cinco países.
As datas concretas para celebración do festival, así como o día no que as entradas sairán a venda, comunicaranse tan pronto como a organización, as compañías e os artistas consensúen o calendario que se axeite as condicións óptimas para a celebración tanto desde o punto de vista sanitario como tendo en conta os compromisos xa establecidos para outras xiras e obras.