O Concello da Guarda ven de encargar un informe á Policía Local despois de ter coñecemento da recente tala dunha árbore na Praza de San Roque, a carón da igrexa.
A Policía Local instrúe dilixencias para dar cos responsables do que se considera unha “barbaridade medioambiental” por unha tala realizada sen que conste autorización en dependencias municipais e realizada sen xustificación algunha, polo que se vai a proceder á apertura dun expediente informativo en canto se coñezan ós responsables desta actuación.
Segundo o informe policial a tala realizouse entre o 2 e o 3 de febreiro deste ano, sen que se lograse identificar de momento o autor ou autores desta acción.