José Ramón Ónega, director da Casa de Galicia en Madrid, faleceu nas últimas horas, víctima de COVID.
O titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, lamentou o falecemento de quen era delegado da Xunta na capital de España desde 2009.
Feijóo tense referido a José Ramón Ónega como “o mellor embaixador que puido ter Galicia en Madrid” e incidiu en que formaba parte “desa ampla lexión de galegos que souberon galeguizar Madrid”.
Nesa liña, tamén valorou o seu esforzo por converter a Casa de Galicia “nunha casa coas portas abertas para a sociedade, a cultura ou as empresas con raíces na nosa terra”.
José Ramón Ónega naceu en Mosteiro (Pol) en 1939 e era licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago. Técnico da Administración Civil do Estado, ocupou diversos cargos no Ministerio do Interior. Foi, por exemplo, gobernador civil de Zamora e Biscaia, inspector xeral de Servizos, xefe de relacións do Ministerio cos tribunais de Xustiza ou director xeral de Política Interior.
Ademais tamén foi Presidente da Comisión Nacional contra a violencia deportiva, secretario xeral da Comisión Interministerial de Estranxeiría e presidente da Comisión Interministerial de Asilo e Refuxio.
Tamén publicou varios libros, así como colaboracións en prensa