jueves, noviembre 21, 2024
InicioNewsO PaísFeijóo pide á cidadanía que acoda aos cribados

Feijóo pide á cidadanía que acoda aos cribados

Feijóo anima aos case 50.000 galegos e galegas convocados polo Sergas a que acudan aos cribados que se realizarán en 18 concellos do País esta fin de semana.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo:

O presidente galego, Alberto Núñez Fejóo, visitou este venres pola mañá a zona de cribado de detección da covid, situada no Ifevi, en Vigo, e salientou que, desde inicio de ano ata esta fin de semana, a Xunta está a habilitar probas de COVID-19 para que 330.000 galegos poidan someterse a diagnose de coronavirus mediante un cribado. “Deles, máis de 80.000 pertencen á área de Vigo”, dixo. O mandatario galego aclarou que se trata dun método rápido e seguro, posto a disposición para detectar portadores do virus.

“Animo a todos a acudir a estes dispositivos”, abundou, referíndose ademais aos cribados que se realizan nas residencias, nos centros sanitarios, no eido educativo e en grandes centros económicos e de produción.

A someterse á proba no Ifevi estarán convocados, en total, preto de 47.000 persoa.

O presidente da Xunta lembrou tamén o programa posto en marcha en colaboración coas farmacias, para achegar kits de saliva a determinados grupos de poboación, coa súa análise en laboratorio e de xeito que de ser positiva a mostra se realice unha PCR.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS