jueves, noviembre 21, 2024
InicioPenínsula e mundoEspañaBaixa a incidencia a 783 casos en España

Baixa a incidencia a 783 casos en España

O ministerio de Sanidade notifica 29.000 novos casos diagnosticados en COVID-19 e 432 falecementos nas últimas 24 horas.

Deste xeito, a incidencia en España baixa ata os 783,25 casos por cada 100.000 habitantes. Así o anunciou o director de Emerxencias Sanitarias, Fernando Simón, en conferencia de prensa na que detallou a incidencia segundo os datos facilitados polas Comunidades Autónomas.

En canto é presión hospitalaria, Simón explica que a ocupación das ucis mantense preto do 45% e que «en moitos hospitais xa non se ten a capacidade de dar servizo habitual». Tamén detallou o director de Emerxencias Sanitarias que case 600.000 persoas xa están vacinadas e, neste sentido, Simón incidiu que «ata que o 70% da poboación non estea vacinada non se poderá relaxar as medidas de prevención fronte a COVID-19».

Pese a que outros países estipularon o emprego das FFP-2 como as máscaras obrigatorias para espacios públicos, Fernando Simón, insiste en que estas utilízanse para «as situacións de maior risco» e que «todas son útiles».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS