jueves, noviembre 21, 2024
InicioComarcasVal de MiñorNigrán, protagonista do novo programa televisivo de Zahara

Nigrán, protagonista do novo programa televisivo de Zahara

Nigrán converterase este xoves en plató de televisión coa estrea do programa de Movistar+ “Una historia, una canción”, que conduce a cantante Zahara.

O municipio do Val Miñor, coa traxedia dos incendios de 2017 coma fío conductor, será o punto de partida dunha viaxe cultural por catro pobos de España: Os Alcázares en Murcia, Covas de Cañart en Teruel e Úbeda en Xaén.
O programa gravouse o pasado mes de setembro en Nigrán para lembrar, da voz dos seus veciños, os lumes forestais de 2017. A cambio dos seus testemuños, a artista regálalles temas de The Beatels, David Bowie ou Ed Sheeran. Ademais, este primeiro episodio de “Una historia, una canción”, terá como colofón final un pequeno concerto gravado no Pazo de Cea polo coruñés Xoel López, en colaboración co miñorano Iván Ferreiro e a propia Zahara.
O programa estrearase este xoves, 4 de febreiro, ás 22 horas, en Movistar+. Pero, esta non é a primeira vez que os incendios de 2017, onde morreron dúas veciñas de Chandebrito, sitúa a Nigrán na carteleira televisiva. O municipio xa foi protagonista de sendos capítulos dos programas “Volando Voy” e “MasterChef”, ambos emitidos en horario de máxima audiencia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS