A Garda Civil ven de desmantelar un importante punto de venda de drogas en Baiona, logo de rexistrar unha vivenda na que se atopou cocaína, hachís, marihuana e anfetaminas destinadas ao comercio ilegal. Por estes feitos foron detidos tres veciños da localidade, e tamén se investiga a un menor de 17 anos, todos eles por tráfico de estupefacientes.
A operación, chamada “Burgoshop”, comezou no pasado mes de novembro, cando a Garda Civil do posto de Baiona-Nigrán recibiu informacións de que existía un piso na vila onde se comercializaba con drogas. As sospeitas despexáronse cando se comprobou que a vivenda estaba sendo frecuentada por un considerable número de coñecidos consumidores habituais de estupefacientes.
Como resultado das investigación, procedeuse á detención do responsable do inmoble, un varón de 42 años, e á investigación penal do seu fillo, menor de idade, como presuntos autores dun delito contra a saúde pública.
Tamén foron detidos polo mesmo delito dous veciños de Baiona e Oia, de 41 e 50 anos, respectivamente, que colaboraban na distribución e venda dos estupefacientes. De feito, o garaxe dun deles era o outro punto de venda.
O operativo rematou co rexistro do domicilio, onde se incautaron diversas cantidades de cocaína, hachís, marihuana e anfetaminas, básculas de precisión, diñeiro en efectivo, cinco teléfonos móbiles, unha axenda con anotacións das deudas das vendas e recortes de bolsas plásticas para preparar os envoltorios das doses.
Os detidos, xunto cos efectos intervidos, foron postos a disposición do Xuzgado número 4 de Vigo, que decretou a súa posta en liberdade con cargos.