jueves, noviembre 21, 2024
InicioPenínsula e mundoEspañaAs autonomías debaten a quen vacinar na seguinte fase

As autonomías debaten a quen vacinar na seguinte fase

 

O seguinte colectivo en vacinar contra a COVID-19 será o dos maiores de 80 anos. O Consello Interterritorial de saúde decidirá os seguintes nas próximas semanas.

 

A voceira do Goberno, María Jesús Montero, rexeita a intención da Comunidade de Madrid de decidir pola súa propia conta a que colectivo vacinar despois dos maiores de 80 anos e de darlle prioridade a algúns sectores. Montero lémbralle a presidenta madrileña, Isabel Díaz Ayuso, que o protocolo márcao o Ministerio.

Nas próximas semanas o Consello Interterritorial de Saúde, no que están as autonomías españolas, deberá decidir cal é o seguinte colectivo en vacinarse, despois de que o fagan os maiores de 80 anos que non sexan usuarios de residencias nin grandes dependentes.

Esta tarde reúnese este órgano para abordar a incidencia, que experimentou unha lixeira baixada de media nas autonomías en canto a novos contaxios e a ocupación de UCI. Tamén analizará a evolución da campaña de vacinación.

A voceira do Goberno, María Jesús Montero.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS