O Concello denuncia, por outra parte, o incumprimento doutra empresa na implantación deste mesmo servicio para o que recibiu subvención estatal.
Así se comprometeu Telefónica co Concello de Mos durante unha reunión na que aseguraron que en 2021 quedará acometida a instalación en Louriñó en Torroso, na parroquia de Cela nos barrios de Arufe, Coto e As Pereiras; en Louredo en Inxertado, Pantaño e Candosa; en Mos nas Regadas, A Rúa e Cabaleiros; en Petelos, en Estivada e Rexenxo; e no Piñeiro en Sanguiñeda.
O obxecto da xuntanza foi o de abordar os PEBANG (‘Planes de Estatales de Banda Ancha de Nueva Generación’) que Telefónica ten en marcha en Mos.
Ao remate, a alcaldesa Nidia Arévalo e o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Leo Costas, anunciaron que desde o Concello estanse a realizar xestións para que outros operadores fagan inversión neste senso no municipio mosense e, para elo, o edil de Novas Tecnoloxías xa ten concertadas varias entrevistas con compañías operadoras de telefonía e internet para esta mesma semana, posto que hai varias empresas interesadas en facer ofertas de despregue de fibra óptica na localidade.
Por outra banda, uns días antes informaran de que o Concello notificara por medio da remisión do pertinente oficio ao Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital que a empresa R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U non completou as actuacións necesarias para a implantación do programa de extensión da banda longa de nova xeración en Mos, pola que recibiu subvención da devandita administración estatal.