Logo dun mes de subidas diarias por primeira vez baixan os casos activos de COVID-19 en Galicia.
A parte mala é que soben os ingresos con 90 persoas máis hospitalizadas diagnosticadas de COVID-19. A positividade cae ao 6,8% polo efecto dos cribados masivos realizados. Con todo debemos coller estes datos con prudencia porque son da fin de semana. O número de casos positivos redúcese con respecto a xornada anterior por primera vez nun mes. Hai en Galicia detectados 22.420 contaxiados de COVID-19, son 188 menos que o día anterior. Detectáronse 963 casos nunha única xornada por primeira vez despois dun mes con máis de 1.000 novos positivos cada día.
A área sanitaria da Coruña baixa dos 6.000 casos activos, a área de santiago rexistra menos de 3.400, a área sanitaria de Ourense está en 2.900 infectados, a área sanitaria de Pontevedra contaibiliza 2.500 casos, a área sanitaria de Lugo acumula 2.100 casos activos e a área sanitaria de Ferrol sitúase moi pretiño dos 1.800 positivos.
O que preocupa e moito son as hospitalizacións que non deixan de medrar case 1.500 persoas ingresadas infectados de COVID-19. Concretamente hai nos hospitais 1.452 persoas; son 1.210 en planta (80 máis nun único día) e 242 persoas en UCI. Son case 250 persoas que requiren coidados intensivos pola súa gravidade debido ó coronavirus; un aumento de dez persoas máis en UCInun único. Tamén sobe o número de víctimas da pandemia 1.775 galegos e galegas morreron dende o inicio da pandemia; 14 falecidos notificados na última xornada.