jueves, noviembre 21, 2024
InicioPenínsula e mundoGloboRusia vive ás maiores protestas en décadas

Rusia vive ás maiores protestas en décadas

Filip Kuznetsov pasou unha noite enteira fechado nunha camioneta da policía xunto a outros 17 manifestantes porque tódolos centros de detención de Moscova estaban cheos.

Kuznetsov era parte das 4.002 persoas arrestadas en Rusia semana pasada -todo un récord-, logo de que grandes multitudes saliran ás rúas para esixir a liberación do político opositor Alexei Navalny. Navalny, un activista anticorrupción que é un feroz crítico do Kremlin, foi encarcerado no seu recente regreso a Rusia logo de recuperarse dun intento de asesinato cun axente nervioso.

Segundo informa a BBC, hai convocadas máis protestas para hoxe, que amenazan con tensar aínda máis o sistema.

«Non durmimos en toda a noite. Unha persoa sempre tiña que estar en pé, pola falta de espazo, así que tiñamos que turnarnos», informou Kuznetsov por teléfono en conversa coa BBC, o mércores, desde a parte traseira da camioneta da policía, á que describiu como un «vehículo antigo con reixas de metal por todos lados».  O luns o xuíz condenouno a 10 días de prisión pola súa participación na protesta. Pero a policía tardou dous días máis en atopar espazo nas celas da cidade. Para cando falamos, o seu grupo levaba a agardado fóra do Centro de Detención No 2 de Moscova durante 17 horas, alimentado só por voluntarios que levaron emparedados á camioneta.

Kuznetsov, que é propietario dunha pequena empresa, non é fanático nin seguidor de Navalny, mais está preocupado polo trato que recibiu como concidadán. «Están a castigalo por nada, o que significa que cualquera podería ser o seguinte, incluído eu», explicou. Poucos dos manifestantes cos que falamos na Plaza Pushkin de Moscova o sábado pasado mencionaron o intento de envelenamiento de Navalny, pero todos se sorprenderon por como o seu voo a casa foi desviado para que puidera ser detido na fronteira. O activista enfrontouse máis tarde a unha audiencia xudicial improvisada e estraña nunha estación de policía. Unha enquisa suxire que ata o 42% dos manifestantes que participaron na marcha de Moscova estaba protestando por primeira vez.

Outro elemento sen precedentes é que tamén apareceron protestas en vilas e cidades que xeralmente se consideran políticamente «pasivas».

«En Moscova, temos seguridade en número e lugares para traballar se nos despiden, pero nas rexións é moito máis restrinxido», explica a politóloga Ekaterina Shulman. «A xente corre máis riscos», destaca.

En Vladivostok, el lonxano oriente de Rusia, a equipa de Navalny di que non se registraran manifestacións da escala das do sábado pasado en máis dunha década. Katerina Ostapenko, a súa coordinadora local, non puido participar, pois fora detida pola policía o día anterior. Pero Ostapenko di que sairon ata 3.000 persoas, motivadas en parte pola última revelación en video de Navalny: unha investigación de corrupción que denunciaba ao propio presidente Vladimir Putin.

No vídeo afírmase que Putin fíxose construir un opulento pazo secreto no Mar Negro, cunha discoteca acuática e un salón de pole dance.

«Creo que a xente nas rexións está moito máis enoxada e é por iso que tantos protestaron», declarou Ostapenko. «Están realmente enoxados porque non teñen cartos, e agora miren canto ten Putin! Son os cartos dos nosos impostos o que pagou polo seu pazo», explica.

Vladimir Putin negou cualquera vencello coa xigantesca propiedade en Gelendzhik, calificando a película como unha montaxe deficiente destinada a lavar o cerebro á xente. Porén, a película xa se visualizou en YouTube máis de 100 millóns de veces. «O número de opinións é asombroso», di Ekaterina Shulman, para quen a escala das protestas reflexa un descontento cada vez máis fondo.

«Este ano coas medidas de confinamento, a frustración e o cansazo acumulado dentro da xente, e o estancamento económico en curso e a diminución dos ingresos», explica Shulman, quen destaca que a calificación de confianza de Putin leva a baiar desde a súa reelección hai dous anos. «Estamos nun período turbulento», resume. Entón, como era de esperar, a resposta á protesta do sábado foi dura e rápida.

Despois de arrestar a miles de manifestantes ese día, emitir multas e ordenar detencións a curto plazo, os funcionarios agora perseguen aos aliados clave de Alexei Navalny, incluído o seu irmán, o seu médico e un avogado da súa Fundación Anticorrupción. Policías con pasamontañas negros, armados con palancas, fixeron redadas nos seus pisos e oficinas en todo Moscú ao tempo que se abriu un caso penal por convocar unha protesta no medio dunha pandemia. O feito de que o alcalde de Moscova acabara de levantar o toque de queda en bares e clubes nocturnos, alegando que a covid-19 está en retirada, non fizo ningunha diferenza. O venres, un tribunal colocou aos tres homes baixo arresto domiciliario durante dous meses, sen acceso a internet, mentres continúa a investigación.

O voceiro do Kremlin nega que os enxuizamentos teñan motivacións políticas e di aos xornalistas que os axentes da orde «simplemente están a facer o seu traballo».

Pero con outro día de manifestacións por diante, as autoridades claramente queren eliminar aos líderes das protestas. Pode que a represión reduza o número de manifestantes esta fin de semana: tamén se iniciaron casos penais contra manifestantes comúns por cargos graves, incluída violencia contra a policía e vandalismo. Pero moitos dixeron que iso non evitará que saian á rúa.

«Compartimos un problema, o xeito no que somos gobernados», di Danya, un estudiante que foi detido o sábado pasado xunto con varios amigos. «Todos estamos protestando por unha cousa: a alternancia do poder». O seu amigo Kirill di que o seu grupo estaba parado en silencio cando a policía «abalanzouse sobre nós e comezou a golpearnos coas súas porras».

«Non son un partidario directo de Navalny», explica Kirill, pero considera que o seu trato é «ilegal». «Entón, como cidadáns dun país que amamos e queremos ver mellorar, temos que protestar». Unha persoa que definitivamente non se unirá a el é Filip Kuznetsov, a quen aínda lle quedan varios días da súa sentencia por cumplir. Mais o venres enviou unha mensaxe informando que el e outros manifestantes estaban a ser trasladados «a toda présa». «Están a facer espazo para a protesta do 31», dixo á BBC, antes de que o meteran noutra camioneta da policía e o levaran a un centro de detención para inmigrantes ilegais a 100 kilómetros da cidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS