lunes, noviembre 25, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta asegura que Galicia está preparada para o ensino virtual

A Xunta asegura que Galicia está preparada para o ensino virtual

O Comité Educativo certifica que «a práctica totalidade dos centros educativos están preparados para o ensino virtual» cos seus horarios-espello deseñados, as aulas virtuais operativas así como con case todo o profesorado formado.

Os datos de seguimento da implantación do Plan de Ensino Virtual elaborado,  de xeito preventivo, en caso de que a situación epidemiolóxica requirira pasar da presencialidade á atención telemática, así o din. É unha posibilidade que a día de hoxe está descartada logo de que o Comité Clínico avalara a seguridade dos centros escolares, onde non hai transmisión interna agás casos moi puntuais.

Tras un chequeo dos centros escolares a cargo dos servizos de inspección, nestes momentos a meirande parte deles xa teñen elaborados e incorporados aos plans de continxencia os seus respectivos horarios-espello para garantir a continuidade da docencia en caso de corentenas.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, explicou esta mañá ante o Comité Educativo que “dos 1.226 centros públicos, só 26 teñen aínda pendente a adaptación de algunha materia, área ou módulo á docencia virtual”. Por iso, desde o departamento educativo xa se está traballando con todos eles para solucionar as posibles eivas detectadas e acadar canto antes que o cen por cen dos centros estean totalmente preparados.

O titular de Educación subliñou que durante este curso producíronse máis de 7,5 millóns de conexións a aulas virtuais, o que dá conta da dinámica de funcionamento destes sistema co que os centros xa están plenamente familiarizados.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS