O Concello de Tui edita 2.000 ejemplares dunha nova guía da ruta xacobea
“Tui, Capital do Camiño Portugués” é o título da nova guía da ruta xacobea ao seu polo municipio tudense que vén de editar o Concello de Tui. Trátase dunha guía visual realizada artista polo local Andrés Lamas que recolle o percorrido do Camiño dende a vella Ponte Internacional ata a Orbenlle, no Porriño.
Está impresa en cartón e pode pregarse, sendo fácil de gardar no peto. Deste novo material promocional editaranse dous mil exelares que estarán dispoñibles tanto en la oficina de turismo coma nos albergues e hoteis. Recolle amais un oco para ser selado ben na propia oficina ou no establecemento hostaleiro onde se aloxe a persoa que realiza o Camiño.
Andrés Lamas, que conta cunha longa traxectoria profesional de deseño, explicou «o meticuloso traballo realizado cun rotring 0.05» co que debuxou con puntos toda o mapa visual da ruta xacobea tudense, destacando aqueles lugares onde os peregrinos poden ter dúbidas sobre por onde continuar. Pero amais na outra cara da guía recolle algúns dos elementos patrimoniais do camiño coma a Catedral, a igrexa de San Domingos, o cruceiro de San Bartolomeu ou a ponte romana da Veiga